quinta-feira, 1 de novembro de 2018

CONTOS

La cenicienta que no quería comer perdices ( pincha encima para ver o conto)

Proposta de actividade: 
  • Escríbeme un conto:
 Antes de comezar ver o vídeo de abaixo: Cambia o conto
Materiais: unha libreta ou papel e un bolígrafo ou lapis

Desenvolvemento: A profesora ou profesor proporá darlle a volta aos trazos discriminatorios que existen na maioría dos contos clásicos. Escollerase un que sexa coñecido polo alumnado e trocaráselle o título. Pode ser Carrapuchiño azul e a porquiña feliz, Branconeves e as sete xigantas...

O alumnado deberá de construír unha historia onde as personaxes troquen a súa conducta por unha máis inclusiva e antidiscriminatoria.

A profesora ou profesor poñerá exemplos ao alumnado para ilustrar como deben realizar a actividade.
Posteriormente leranse na aula e valoraranse os cambios feitos con respecto ao conto tradicional.
Preguntaráselle ao alumnado que visión do conto lles gusta máis, a tradicional ou a que acaban de construír e por que.

Conto de Arturo e Clementina ( pincha encima para ver as actividades sobre o conto)



Conto de Rosa Caramelo ( pincha encima para ver as actividades sobre o conto)




Sem comentários:

Enviar um comentário

POEMAS E MÚSICA POLA IGUALDADE

POEMAS E MÚSICA POLA IGUALDADE ( IES LAXEIRO) Letra de Yolanda Castaño